Sobre nós

Loitando por unha cidade máis inclusiva e coidadora

Cidade Feminista é un proxecto que ten como obxectivo investigar as diferentes formas en que podemos vivir e rediseñar a cidade dende unha perspectiva feminista, e compartir experiencias e prácticas implementadas por outras activistas con iniciativas semellantes.

Partimos da suposición fundamental de que a cidade non é un espazo neutral, senón que é un reflexo das estruturas e desigualdades de poder moi estendidas na nosa sociedade actual, e así adoptamos un enfoque interseccional para que a nosa investigación sexa o máis exhaustiva posible. Agardamos poder contribuír, co noso pequeno gran de area, á loita por conseguir cidades máis inclusivas, máis seguras, sostibles e “coidadoras”.

O noso nome

Escollémolo porque o noso proxecto desenvólvese na cidade de Pontevedra. Non obstante, decidimos facer o noso contido tamén dispoñible en inglés e castelán para permitir a máis xente a lectura e a compresión do noso traballo. Esta elección tamén vai en liña coa nosa intención de compartir experiencias persoais e colectivas, non só do noso contorno local, senón de todo o mundo. Isto permítenos desenvolver novas prácticas e mellorar as xa implementadas a través de varios puntos de vista, así como destacar os nosos obxectivos comúns e comprender e salientar que non estamos soas nas nosas loitas.

Socios